FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Afaber presenta a súa revista co gallo dos 20 anos de traballo continuado

Foron elaborados 250 exemplares nos que se relata a historia da asociación desde a súa creación ata o presente

05/10/2021 | Carballo

Neste 2021 cúmpranse 20 anos nos que a ASOC. DE FAMILIARS DE ALZHÉIMER E OUTRAS DEMENCIAS (AFABER) traballa por mellorar a calidade de vida das persoas afectadas por unha demencia e das súas familias e sendo entidade referencia na atención as demencias na comarca de Bergantiños.

Con motivo deste 20 aniversario dende a entidade estan a realizar diferentes proxecto co fin de visibilizar este ano tan especial. É por iso que a entidade realizou unha revista conmemorativa dos 20 anos de historia, que presentou onte na súa sede.

Na presentación da revista estiveron presentes Jesús M. VIllar, presidente da entidade, e Maica Ures, Concelleira de Benestar do Concello de Carballo.

Realizáronse 250 exemplares, financiados integramente pola Fundación Luis Calvo. A entidade quixo agradecer a colaboración da fundación, que foi fundamental para realizar a revista.

Para máis información consulta no: 981 758545 – 625 890 691

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFABER