FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Afalu celebra o Día de San Xoán coas persoas usuarias dos centros de Muras e Friol

A través de diferentes actividades de orientación á realidade e reminiscencia celebraron esta festa tradicional ao grande

29/06/2022 | Muras e Friol

Nas unidades terapéuticas de Afalu, en Muras e en Friol, celebraron o San Xoán con diferentes actividades de orientación á realidade e reminiscencia sobre a tradición e as costumes nas distintas zonas de Galicia que rodean esta festa. Entre elas as persoas usuarias lembraronse da importancia de saltar a fogueira, de recoller a tempo as herbas de San Xoán e falaron das propiedas máxicas e curativas de cada unha delas. Sen esquecerse da recollida da auga en 7 fontes diferentes.

Ademais levaron á práctica algunha delas como a recollida das herbas de San Xoán coas que aproveitaron para facer un taller de estimulación sensorial e prepararon a auga das 7 fontes. Para finalizar realizaron uns marcapáxinas coas flores para levar de recordo.

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFALU