FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

AFAMON recupera a actividade presencial na Comarca de Quiroga

Despois da suspensión de actividades presenciais como medida de prevención fronte a COVId-19, volve a realizarse o Obradoiro de Estimulación Cognitiva e Psicomotriz en Quirogae O Obradoiro de Envellecemento Activo en Ribas de Sil.

23/09/2021 | Monforte de Lemos

Dende a 2ª quincena de setembro ata o 31 de decembro de 2021 AFAMON volve retomar a súa actividade presencial nas localidades de Quiroga e Ribas de Sil.

Trátase de ofrecer terapia de estimulación cognitiva e funcional mediante a realización de exercicios prácticos para intervir sobre as diferentes áreas cognitivas (memoria, linguaxe, a orientación, gnosias, praxias, e funcións executivas). Por outra banda a psicomotricidade e o exercicio físico adaptado, facilita o desenvolvemento perceptivo físico, psíquico e social a través do movemento.

Estas actividades están destinadas a persoas con demencia e sen ela maiores de 50 anos.

No caso de persoas con demencias, a finalidade é manter durante o maior tempo posible á súa autonomía persoal, contribuíndo a ralentizar a evolución da enfermidade. Por outra banda, no obradoiro de envellecemento activo para persoas sen deterioro cognitivo preténdese  fortalecer a memoria e outras capacidades cognitivas que poden verse afectadas como consecuencia do envellecemento.

Inicialmente, participarán nas actividades unhas 20 persoas e prevese que os dous grupos vaian incorporando novas persoas beneficiarias.

Lugar:

Centro de Día de  A Ribeira (Quiroga) e  Casa do Concello de San Clodio (Ribas de Sil)

Horario:

Estimulación cognitiva e psicomotriz en Quiroga: luns e xoves de 10 a 13 h.

Envellecemento activo en Ribas de Sil: martes de 16 a18 h.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAMON