Noticias
Segunda sesión de terapia asistida con animais en AFABER
AFABER, en colaboración coa asociación Aloumiños, realiza terapia asistida con animais desde o pasado mes de xullo
25/08/2021 | Carballo
O pasado luns a entidade realizou a segunda sesión terapéutica con cans. A terapia con animais en persoas cunha demencia está dirixida a promover unha mellora psicolóxica, social, emocional e cognitiva das persoas participantes.
O propósito destas sesións é aproveitar os beneficios que se producen na interaccións cos cans, traballando os recordos vinculados a estes animais ao longo da súas vidas. A motivación xerada polos animais en estas actividades é clave.
Estas sesións son o inicio da colaboración entre AFABER e ALOUMIÑOS. Ambas entidades firmarán un convenio de colaboración para a realización de actividades de carácter interxeracional entre persoas usuarias de ambas asociacións e formativo para persoas coidadoras.
Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFABER