FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

A Federación Alzhéimer Galicia e Azafranes Pote sortean catro libros de ‘Recetas para el recuerdo’

O sorteo, que realízase co gallo do Día do Libro, estará activo do 22 ó 26 de abril.

 

22/04/2021 | Santiago de Compostela

A Federación Alzhéimer Galicia xunto a Azafranes Pote lanzan un sorteo, con motivo do Día do Libro, cuxo premio consiste en catro exemplares físicos do receitario Receitas para o Recordo.

No 2018, a iniciativa de Azafranes Pote, ponse en marcha un apaixonante proxecto solidario co obxectivo de axudar a persoas con alzhéimer de catro asociacións galegas que forman parte da Federación Alzhéimer Galicia. Usuarias de AFAPO, AFAMO, AGADEA e AFALFERROLTEERA foron as encargadas de elaborar as receitas tradicionais de outrora elaboradas con moito agarimo e esmero nas que o azafrán non podía faltar.

Este libro recolle 12 receitas das 12 mulleres protagonistas nas que se lle dá voz tamén ás súas historias persoais.

Este proxecto solidario, cuxa recadación íntegra destínase á atención terapéutica das persoas usuarias das devanditas asociacións, significou unha viaxe a través dos sentidos no que se recuperou a memoria meidante os sabores tradicionais.

Na elaboración dos pratos, que posteriormente foron fotografados e acompañan ás receitas deste receitario participou Yayo Daporta, recoñecido chef galego cunha estrela Michelin ás súas costas e cunha gran traxectoria profesional.

As persoas interesadas en participar poderán facelo a través das redes sociais Facebook e Instagram nas que se sortearán dous libros en cada unha delas.

Os pasos para seguir serán os seguintes:

  1. Seguir o perfil de @ azafranespote e @ fagal.alzheimer para Instagram / Seguir a conta de Receitas para o recordo e Federación Alzhéimer Galicia no caso de Facebook.
  2. Mencionar a dúas persoas na publicación. Poderanse deixar todos os comentarios que se queiran pero as contas deben ser reais.
  3. Compartir en Stories esta publicación etiquetando á Federación Alzhéimer Galicia (este paso só en Instagram)

O sorteo realizásese a través dunha plataforma específica de sorteos e as persoas gañadoras serán publicadas o 27 de febreiro.

As bases do concurso poden consultarse aquí (Instagram, Facebook).

Con esta iniciativa tanto Azafranes Pote como a Federación Alzhéimer Galicia queren lembrar que este proxecto segue activo e que as persoas interesadas en coñecelo poden facerse cun exemplar a través da páxina web recetasparaelrecuerdo.com

Arquivada en: