FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

A Deputación de Ourense aproba unha subvención de 100.000 euros á Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense ( AFAOR)

A subvención sufragará parte dos gastos da nova sede e a execución do Centro de Día, ademais de actividades de formación e outros servizos desenvolvidos pola entidade.

29/04/2021 | Ourense

Despois do apoio mostrado ao proxecto na visita ás obras das novas instalacións da asociación aurensá de alzhéimer, a Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, aprobou o pasado mes de marzo, un total de 459.918 euros en axudas a concellos e entidades; axudas, destinadas a temas de servizos sociais, obras e melloras de infraestruturas; nunha reunión por videoconferencia presidida por Manuel Baltar, presidente da institución.
 
Do total de 459.918 euros, aprobouse unha axuda de 100.000 euros para a asociación AFAOR co fin de axudar na obra da nova sede, a execución do centro de día e formación así como outros servizos relacionados co mesmo.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAOR