FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Afal Ferrolterra impulsa o proxecto piloto 'Tecendo rede' achegando estimulación cognitiva a domicilio a través das novas tecnoloxías

O proxecto está destinado a persoas con deterioro cognitivo e sen o e aos seus famiiares

19/04/2021 | Ferrol

A finais de marzo a asociación Afal Ferrolterra comezou a desenvolver un proxecto piloto sobre a aplicación das novas tecnoloxías en persoas maiores con e sen deterioración cogntivo e as súas familias. Este proxecto, baixo o nome " Tecendo Redes", ten como obxectivo achegar unha atención de calidade ás persoas cunha demencia neurodegenerativa e que poidan seguir realizando unha estimulación cognitiva desde os seus domicilios. Ao mesmo tempo, serve como proceso de dixitalización e coñecemento das novas tecnoloxías por parte das persosa maiores, o que favorece a socialización e evita o illamento social.

A día de hoxe, este proxecto piloto desenvolvendo en Ferrol contan con 6 persoas maiores (3 persoas con demencia e 3 sen deterioración cognitiva) e un total de 10 familiares.

A través da plataforma Neuron App ás persoas maiores ofréceselles un servizo en liña de estimulación e rehabilitación cognitiva a domicilio personalizado e adaptado ás necesidades específicas de cada persoa. Pola súa banda, as familias partcipan en reunións telemáticas, formativas e de apoio emocional e desta maneira se manteinene en contacto directo e continuado coas asociación ferrolá.

Neste proxecto participan a psicóloga Julia Cabanas, a educadora social Rebeca Freire e a terapeuta ocupacional Almudena Almeida ofrecendo unha intervención integral ás persoas beneficiarias.

Para máis información sobre o proxecto e como participar 981 370 692 www.alzheimerferrolterra.com

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAL Ferrolterra