Noticias
AFABER inicia a súa colaboración coa Asociación Aloumiños
Esta semana a entidade AFABER (Asociación Alzhéimer Bergantiños), en colaboración coa asociación Aloumiños (asociación de persoas con necesidades específicas da costa da morte), recibiu unha visita moi especial.
23/07/2021
O pasado xoves a entidade realizaba unha das sesións terapéuticas con cans que se realizarán en colaboración coa Asociación Aloumiños. A terapia con animais, en persoas cunha demencia, está dirixida a promover unha mellora psicolóxica, social, emocional e cognitiva das persoas participantes.
O propósito destas sesións é aproveitar os beneficios que se producen na interacción cos cans, traballando os recordos vinculados a estes animais ao longo da súas vida. A motivación xerada polos animais en estas actividades é clave.
Estas sesións son o inicio da colaboración entre AFABER e ALOUMIÑOS que asinarán un convenio de colaboración para a realización de actividades coma esta e outras de carácter interxeracional entre persoas usuarias de ambas asociacións e formativo para persoas coidadoras.
Arquivada en: