FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Traxectoria

No ano 2018 a Federación Alzhéimer Galicia  cumpliu 20 anos de vida. 20 anos percorrendo os camiños necesarios para manter a memoria viva o maior tempo posible. 20 anos crecendo como entidade ata situarnos como referentes na atención ás demencias. Como ven dice o seu lema: "20 anos facendo camiños, facendo memoria".

A vida de FAGAL comezou no ano 1998, cando decidiron unirse catro asociacións de familiares de enfermos de alzhéimer existentes no momento: AGADEA, AFAGA, AFACO e AFAOR. Durante os primeiros anos de vida da federación, foron incorporándose novas asociacións doutros puntos de Galicia, chegando ó seu décimo aniversario cun total de 10 asociacións, tralas incorporacións de AFAMO, AFAL Ferrolterra, AFAMON, AFALU, AFABER, AFAPO e AFACHANTADA.

Máis adiante, entre os anos 2010 e 2011 unironse as asociacións AFAVI e por último AFASAL.

Durante estes 20 anos de historia, o sector asociativo do alzhéimer en Galicia conseguiu grandes logros, que se traduciron nunha mellor atención ás persoas con alzhéimer ou outra demencia neurodexenerativa, e unha mellor formación tanto para profesionais sociosanitarios como para as persoas coidadoras. Son 20 anos de traballo para defender, xunto coas nosas asociacións, os dereitos das persoas con alzhéimer e as súas familias. 

A través da seguinte liña do tempo, pódese realizar un percorrido polos eventos máis destacados deste vinte anos da Federación Alzhéimer Galicia.

      Imprimir