FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

A Federación Alzhéimer Galicia reclama con urxencia a vacinación das persoas cunha demencia dos seus centros

A través dun comunicado dirixido á Consellería de Sanidade e Política Social, a Federación Alzhéimer Galicia, insta a ambos organismos a iniciar con urxencia o plan de vacinación nos seus centros.

24/03/2021 | Santiago de Compostela

A Federación Alzhéimer Galicia reclama a urxente vacinación das persoas cunha demencia neurodexenerativa da Comunidade Autónoma, que están acudindo á recursos comunitarios coma son os recursos de atención diúrna especializados en demencia.

A ausencia de vacinación está obrigando ás familias, por medo ó contaxio, a non levar ás persoas usuarias ós centros terapéuticos, o que implica unha sobrecarga das propias familias e acelera o proceso de deterioro cognitivo asociado á enfermidade ante a ausencia de atención especializada.

Así como as residencias, por ter consideración de centros de carácter comunitarios, foron prioritarias na vacinación, nesta fase é urxente dar prioridade ás persoas máis vulnerables, que neste momento son as persoas cunha demencia neurodexenerativa.

Para as persoas cunha demencia, que teñen un elevado factor de risco fronte a COVID debido á idade,é esencial asistir diariamente a recursos de atención diúrna -dado o carácter terapéutico dos mesmos para manter a súa capacidade cognitiva e funcional- aumentando así a probabilidade de contaxio fronte a COVID19.

Por este motivo,  desde a Federación Alzhéimer Galicia,  instamos ás Consellerías de Sanidade e de Política Social a que se poñan dacordo para iniciar urxentemente o plan de vacinación das persoas deste tipo de centros.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia