FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Visita da Conselleira Fabiola García á unidade de atención no rural do proxecto RedMay

A Federación Alzhéimer Galicia xestiona xunto coa empresa Silman 97 o proxecto RedMay impulsado pola Xunta de Galicia.

31/07/2019

A principios de xullo a conselleira de Política Social, Fabiola García, inauguraba en Tordoia o proxecto RedMay, que leva o rural galego, unidades móbiles con servizo de podoloxía, óptica e prevención do alzhéimer e as demencias no que a empresa Silman 97 suministra os camións onde se realiza a actividade e a Federación Alzhéimer Galicia encárgase da xestión do proxecto.

O obxectivo de RedMay e achegar servizos de atención especializada a maiores de 55 anos que viven en entornos rurais con dificultades para acceder a eles. Con isto facilítase que as persoas maiores poidan permanecer no seu domicilio e na súa contorna o maior tempo posible, mellorando a súa calidade de vida e promovendo en eles a saúde.

Durante a visita a unidade móbil, na que estivo presente o presidente da Federación Alzhéimer Galicia, Juan Carlos Rodríguez e a vicepresidenta, Isabel Gey; a conselleira de Política Social, Fabiola García, explicaba que este programa “é un paso máis no compromiso do Goberno galego de facer realidade a preferencia que manifiestan as persoas maiores de permanecer preto das súas casas ben atendidos, con tódolos servizos o seu alcance e nas mellores condicións".

O programa estase desenvolvendo en Galicia e na rexión norte de Portugal. Ademais, está apoyado pola Unión Europea e ten como socios á Universidade de Vigo e á Cámara Municipal de Braga.

RedMay estará presente en 20 municipios rurais da xeografía galega ata novembro deste ano, con estadías de cinco días en cada un deles .

Arquivada en: