FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Un grupo de 60 persoas de AGADEA visitan o Parlamento

Trátase do grupo do programa ‘Cultiva o Corpo’, a través do cal a entidade fomenta un envellecemento saudable mediante a xerontoximnasia.

25/05/2022 | Santiago de Compostela

Un grupo de 60 persoas de AGADEA ALZHEIMER desfrutaron no mes de maio dunha interesante visita ao Parlamento de Galicia xunto coa presidenta da entidade, Isabel Gey.


Trátase do grupo do programa ‘Cultiva o Corpo’, a través do cal a entidade fomenta un envellecemento saudable mediante a xerontoximnasia. Este programa está implantado en Santiago e nas zonas do rural, como Enfesta, As Cancelas, O Eixo, Figueiras, Lavacolla, Nemenzo e As Cancelas, das cales procede o grupo que hoxe visitou á Cámara.


Durante este percorrido, dunha hora de duración coñeceron a historia da institución e accederon ás estancias máis solemnes do pazo do Hórreo, como o Salón dos Reis e o hemiciclo. Este último foi o que maior ilusións lles fixo ao poder sentar onde o fan habitualmente os políticos e sacar numerosas fotos no mesmo.

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AGADEA