Noticias
A Federación Alzhéimer Galicia súmase á edición 2024 de Walking the talk for dementia
FAGAL sumouse á recepción, no Monte do Gozo, do grupo que viña facendo o Camiño de Santiago para ir xuntos á Praza do Obradoiro. Tamén asistirá o simposio organizado para os seguintes días.
FAGAL sumouse á recepción, no Monte do Gozo, do grupo que viña facendo o Camiño de Santiago para ir xuntos á Praza do Obradoiro. Tamén asistirá o simposio organizado para os seguintes días.
29/08/2024 | Santiago de Compostela
A iniciativa, que se fixo por primeira vez en 2023 e que este ano coorganiza AGADEA, xunta a persoas con demencias e expertos de todo o mundo para facer as catro últimas etapas do Camiño de Santiago e desenvolver na cidade un simposio os días 30 e 31 de agosto no Hotel San Francisco.
A parte de promover a asistencia de persoas das asociacións na última etapa do Camiño Francés a federación contou coa presencia da súa Xunta Directiva, de directivos dalgunhas AFAS e da súa oficina técnica.
O simposio conta con persoas referentes a nivel internacional que debaterán a abordaxe das demencias dende múltiples perspectivas: a dos propios doentes y de profesionais do sector sanitario, de investigación e social.
Máis información AQUI.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia