FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

A captación de fondos dixital como oportunidade para a financiación das entidades sociais

O webinar organizado pola Federación Alzhéimer Galicia xunto coa empresa Stockcrowd centrouse na importancia de iniciarse na captación de fondos dixital

06/07/2021 | Santiago de Compostela

Hoxe tivo lugar un webinar da man da empresa  Stockcrowd no que participaron diferentes asociacións de alzhéimer de Galicia. Nel Santi Fernández, gerente da empresa de software de Fundraising, introduciunos no mundo da captación online e amosounos tamén algunhas ideas de éxito. 

A día de hoxe a captación de fondos dixital ocupa un 7%, pero prevese que en 5 anos pase a ser do 30% de ahí a importancia de ver esta nova forma de captación como unha oportunidade de futuro para a financiación das entidades sociais.

 

Arquivada en: