FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Visibilizar as experiencias de vida de mulleres coidadoras foi o eixe central do Webinar organizado pola Comisión da Muller do Cermi Galicia con motivo do 8M

Susana López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia foi a encargada da inauguración do webinar “Mulleres con discapacidade coidadoras”

04/03/2021 | Santiago de Compostela

Hoxe, xoves 4 de marzo, celebrouse o webinar “Mulleres con dicapacidade coidadoras” organizado pola Comisión da Muller do Cermi Galicia da que forma parte a Federación Alzhéimer Galicia.

O webinar contou coa presenza de Susana López Abella, Secretaria Xeral de Igualdade, Luciano Fernández, presidente do Cermi Galicia e Dolores Venancio, coordinadora da Comisión da Muller.

No webinar participaron mulleres coidadoras de diferentes entidades de discapacidade de Galicia: FADEMGA, FAXPEG, DOWN Galicia, FEAFES, FEGADACE, FAGAL e COGAMI,  achegando a súa experiencia de vida no referente aos coidados de persoas con discapacidade que, na maoría de casos, levan desenvolvendo toda a súa vida.

Desde FAGAL participou, Rebeca López, coidadora da súa avoa, usuaria da asociación AFALU, que contou de primeira man os esforzos que tivo que realizar a súa familia para adaptarse á nova situación unha vez recibiron o diagnóstico de alzhéimer da súa avoa e como isto afectou en todos os aspectos da súas vidas.

O encontro resultou todo un éxito, non soamente pola participación, senon pola creación dun espazo onde se recolla a voz e se visibilice o traballo non remunerado e indispensable de moitas mulleres en Galicia. Porque son elas as que asumen estos coidados nunha moi alta porcentaxe.

Esta feminización dos coidados radica nos roles e estereotipos que recaen nas mulleres desde que nacen e onde a única opción para desterralos é atallalos desde unha educación en igualdad. De feito, esta foi una das conclusións sacadas por Isabel Quintairos, moderadora do webinar.

O resultado deste encontro deixa entrever que pese ás particularidades que poida ter cada coidadora pola discapacidade da persoa a que coidan, as barreiras coas que se atopan son moi similiares e tamén o son as súas consecuencias: psicolóxicas, sociais e económicas que deben solventar con pouca axuda desde as administración públicas.

De cara á conmemoración do Día Internacional da Muller, o próximo 8 de marzo, este é un tema fundamental para reinvindicar posto que estas mulleres enfréntanse a unha dobre discrimación: polo feito de ser mulleres y polo feito de ser persoas coidadoras. O recoñecemento desta figura será o principio da igualdade para este colectivo.

Arquivada en:
A Federación > Traballo en rede
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia