FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

FAGAL participa na Campaña X Solidaria 2024

Baixo o lema #EquipoXSolidaria fai chamamento a marcar a casa de Fins Sociais na declaración da renda 2023
 
 
 

27/03/2024 | Santiago de Compostela

A Federación Alzhéimer Galicia únese a Campaña X Solidaria para apoiar este movemento solidario. Deste xeito, a partir do 3 de abril ábrese o prazo para realizar a declaración da renta e poder marcar a Casa 106, coa que se destina o 0’7% a Fins Sociais. 
 
Grazas ó IRPF póderonse financiar en 2024 até 17 proxectos distintos na Federación dos que se benefician máis de 2.200 persoas.
 
Dos 17 proxectos 10 están destinados a proxectos de intervención directa con persoas con demencia e coidadoras, como “envellecemento activo”, “prevención da dependencia” e “atención a familias”. Os 7 proxectos restantes dedícanse a inversión para transporte e mellora das instalacións de atención. 
 
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia