FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Boa acollida das xornadas organizadas por AFAOR na sede de Afundación en Ourense

As xornadas tivern lugar os días 23 e 24 de Outubro.

21/11/2019 | Ourense

AFAOR organizou unhas xornadas sobre a enfermidade do Alzheimer, os días 23 e 24 de Outubro na sede de Afundación Ourense cunha acollida excepcional.
 
A encargada de dirixir o primeiro día da xornada foi Dona Mercedes Adelaida Hernández, doutora en medicina e ciruxía especialista pola USC. Especialista en medicina familiar e comunitaria. Traballadora do Centro de Saúde Nóvoa Santos e membro do grupo de traballo de atención o maior en AGAMFEC e SEMFYCEI, falou sobre a patoloxía do alzhéimerdende un punto de vista médico.
 
Para cerrar estas xornadas, o día 24, D. José Luís Rodríguez Atanes,  Dona. Olalla López Rodríguez e Dona. Aline Castro Martínez, avogados de “Acarra Abogados”, falaron dende un punto de vista xurídico, de como actuar ante determinados aspectos xurídicos que afectan o paciente, como pode ser o testamento vital e a incapacitación xudicial.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAOR