FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

A Federación Alzhéimer Galicia celebrará as XIX Xornadas Interdisciplinarias o próximo 29 de maio.

Esta edición, que se celebrará de xeito telemático, xirará entorno a innovación no campo das demencias, con obradoiros paralelos sobre tres temáticas a escoller.

03/05/2021 | Santiago de Compostela

O próximo 29 de maio, a Federación Alzhéimer Galicia celebrará as súas XIX Xornadas Interdisciplinarias. Realizaranse de xeito telemático de 9:45h - 13:30h e o tema principal é a innovación no campo das demencias.

As Xornadas Interdisciplinarias de FAGAL son un dos eventos máis salientables que celebra a Federación Alzhéimer Galicia, xunto co Día Mundial do Alzhéimer. O obxectivo de este encontro de profesionais é intercambiar experiencias e coñecer novos modelos de atención en demencias.


Neste sentido, a Federación aposta cada ano por achegar as asociación galegas de alzhéimer e os seus profesionais a experiencia dalgún país que teña aprobado un Plan Nacional de Alzhéimer. Este é o caso de Israel. Por este motivo, a asociación de alzhéimer de Israel (EMDA) será a encargada da ponencia inaugural coa Dra. Dana Fa como relatora, quen explicará o funcionamento da asociación israelí ademais de mostrarnos proxectos innovadores que estean levando a cabo.


Despois desta primeira intervención terán lugar os obradoiros paralelos con tres temáticas ben diferenciadas e que as persoas participantes deberán escoller no momento da inscrición: ‘Dereitos das persoas con demencia e familias’, ‘Salas multisensoriais e espazos Snoezelen’ e ‘Autocoidado do profesional: Conciencia corporal e reprogramación na prevención de lesións’.


Para rematar será o turno das asociacións galegas de alzhéimer que exporán os seus traballos innovadores deste último ano.


O prazo de inscrición xa está aberto e estenderase ata o 14 de maio. Haberá dúas modalidades de inscrición ambas con prezo reducido. Para persoas estudantes e desempregadas o prezo é de 15€ e para público en xeral 20€ . A inscrición poderá realizarse a través da web propia das Xornadas. Podedes acceder a ela aquí. Nela atoparedes toda a información relativa ao evento.

Arquivada en:
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia