FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

AFAL Ferrol abre o prazo de inscrición do Curso 'Abordaxe multidisciplinar na enfermidade de Alzheimer e outras demencias'

A acción formativa está declarada de interese sanitario pola Xunta

21/10/2019 | Ferrol

AFAL Ferrolterra poñerá en marcha unha nova edición do seu Curso Abordaxe na Enfermidade de Alzheimer e outras Demencias. Unha acción formativa declarada de interese sanitario pola Consellería de Sanidade da Xunta, que inclúe prácticas nos centros de día xestionados pola asociación. 
 
Hoxe abría o prazo de inscrición, e as persoas interesadas en tomar parte no mesmo poden anotarse nas oficinas de AFAL –rúa Río Castro, 43-45 baixo Ferrol- ou chamando ao teléfono 981 37 06 92.
 
A acción desenvolverase do 4 ao 22 de novembro.
 
O curso busca dotar aos coidadores da información, coñecementos e habilidades necesarias para desenvolver de forma eficaz o seu papel. E, para iso, estará impartido por un equipo multidisciplinar integrado por especialistas en logopedia, psicoloxía, educación social, terapia ocupacional e traballo social. Consta de 30 horas de duración estruturado en fase teórica (do 4 ao 8 de novembro) e fase práctica (do 11 ao 22 de novembro).
 
Entre os seus contidos, abordaranse os coidados que precisa a persoa dependente ou o propio coidador, así como as claves para mellorar a calidade de vida nun e outro caso.
 
O custo do curso é de 30 euros para os socios e socias de AFAL e de 50 para os que non o sexan.
 
 
 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAL Ferrolterra