FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Incidencia social

A incidencia social é fundamental para dar visibilidade ao labor que realiza a Federación Alzhéimer Galicia. A incidencia debe ser entendida desde dous ámbitos: o ámbito social e o ámbito  politico. O obxectivo principal é provocar cambios na sociedade a través de propostas que favorezan, neste caso, a disposición de medidas e recursos necesarios para a atención do alzhéimer e doutras demencias   neurodexenerativas.

Neste contexto a Federación Alzhéimer Galicia ven incidindo nos último anos nos seguintes aspectos:

A nivel social:

  • Visibilizando e sensibilizando sobre a enfermidade de Alzheimer á poboación en xeral, con especial interese na poboación máis nova, a través de proxectos de caracter interxeracional.

  • Partipando e formando parte de entidades relacionadas co terceiro sector para, deste xeito, introducir as necesidades do colectivo de alzhéimer nas súas reivindicacións. Así formamos parte dunha rede de traballo de diferentes entidades que dan forza a esta labor. Estas son:  CEAFA  (Confederación Española de Familiares de Enfermos de Alzheimer y Otras Demencias), CERMI -Galicia (Comité Español de Representantes de  Personas con  Discapacidad) e  EAPN-Galicia ( Red Europea de Lucha contra la Pobreza  y la Exclusión Social)

  • Participando en foros a nivel nacional e internacional expoñendo a metodoloxía de traballo da Federación Alzhéimer Galicia e mostrando proxectos levados a cabo con éxito dentro das nosas fronteiras.

  • Realizando unhas Xornadas formativas propias que fomentan a creación de lazos entre diferentes países.

      Imprimir