Noticias
Afaga Alzheimer pon en marcha un canal de YouTube con consellos saludables
A canle de Youtube está activo desde as primeiras semanas do estado de alarma para ofrecer apoio ás persoas usuarias da asociación e ás súas familias
30/04/2020 | Vigo
Afaga Alzheimer puxo en marcha unha canle de Youtube a través do cal se ofrecen consellos ás familias coidadoras para levar mellor o confinamento. A canle chámase Afaga Alzheimer e a súa finalidade é chegar ás casas das familias coidadoras, achegando axuda e apoio de forma virtual.
Trátase de recomendacións sinxelas e prácticas para que as persoas que conviven cunha persoa con demencia leven mellor a corentena, tanto os/ as coidadores/ as como os familiares dependentes.
Os profesionais de Afaga elaboran vídeos nos que propoñen exercicios para facer ximnasia en casa, propostas para traballar a memoria, recomendacións para levar mellor o día a día, propostas de lecer para entreterse, receitas divertidas ou recomendacións musicais para un confinamento en positivo.
Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAGA