FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Concurso de fotografía 'A memoria nos camiños'

Unha das sorpresas de este ano é a posta en marcha do concurso de fotografía " A memoria nos camiños". Este concurso forma parte do proxecto O teu Xacobeo impulsado pola Xunta de Galicia.

11/09/2019 | Galicia

Participar é moi sinxelo. Soamente tes que seguir os seguintes pasos:
 

1. Atopa un Alois polos routeiros do Camiño de Santiago

2. Saca un selfie con Alois

3. Súbeo as redes sociais cos seguintes hashtag #amemorianoscaminos #Xacobeo2021 #OteuXacobeo

 
E axúdanos a facer visible a nosa labor e senbilizar sobre a enfermidade de alzhéimer.
 
Existen dúas convocatorias:
1ª. Resolverase o 21 de setembro, podendo publicar fotografías ata o venres 20 de setembro ás 12:00 h. Nesta convocatoria terase en conta o número de likes. Sendo gañadora a fotografía con máis likes recibidos ata o peche da convocatoria.
 
2ª Resolverase o 20 de decembro, podendo publicar fotografías ata o 30 de novembro ás 12:00 h. Nesta convocatoria será un xurado o encargado de ditaminar a fotografía gañadora, na que se terán en conta aspectos como a orixinalidade.
 
Máis información nas bases do concurso
 

Arquivada en:
Que facemos? > Programas | Proxectos | Servizos Actuais > Para a sociedade comprometida > Día Mundial 2022