FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

As persoas usuarias de AFAMON participan nas visitas inmersivas ao Pazo de Tor de Monforte

Mediante técnicas de reminiscencia conseguimos que persoas con demencia recuperen e lembren aspectos da nosa cultura

 

16/12/2020 | Monforte

Os pasados días 29 de novembro e 2 de decembro, as persoas usuarias dos grupos de estimulación cognitiva de AFAMO participaron nunha visita virtual ao Pazo de Tor de Monforte.

Deste xeito, a través do uso das novas tecnoloxías (ordenadores portátiles, táblets e plataformas de videoconferencia), pudieron contemplar en imaxes a historia e os tesouros artísticos deste pazo. Con esta actividade, mediante técnicas de reminiscencia conseguimos que as persoas con demencia recuperen e lembren aspectos da cultura dos nosos antepasados.

Esta iniciativa foi posible grazas á iniciativa da Rede Museística Provincial de Lugo (Deputación Provincial de Lugo) a través do seu proxecto de “Visitas inmersivas” para continuar amosando á cidadanía os museos en tempos da crise sanitaria do COVID-19.

 

 

Arquivada en:
Inventario de recursos > > AFAMON