FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

AFABER realizou a súa primeira xornada de portas abertas no seu novo local de Bértoa

En funcionamento dende marzo o local permite aumentar os servizos ofertados pola entidade

 

24/09/2023 | Carballo

O novo local, situado en lugar de Mirón 24, baixo en Bértoa recibiu o pasado 23 de setembro a visita de numerosas persoas achegadas para conmemorar o seu primeiro día mundial do alzhéimer.

Neste local  a entidade aumenta considerablemente a súa oferta -en número de prazas, variedade e calidade dos servizos- de apoio a persoas cunha demencia e a familias .

 

Ó acto, foi invitada Isabel Gey, presidenta da Federación Alzhéimer Galicia, ó que acudiu para celebrar este gran paso da entidade bergantiñán.

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Colabora > Apoia coa túa firma > Accións pechadas > Titular de la acción 01
Inventario de recursos > > AFABER