FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

O grupo de Auxiliares da Federación Alzhéimer Galicia publica 10 protocolos de actuación en demencias neurodexenerativas.

A edición destes documentos atópase na liña de traballo da Federación de por en valor a experiencia dos colectivos profesionais vinculados ás demencias.

03/11/2023 | Santiago de Compostela

Na mesma liña dos manuais de abordaxe das demencias dende a terapia ocupacional, psicoloxía, fisioterapia e traballo social, o grupo de auxiliares de xeriatría da federación alzhéimer Galicia reuniuse ó longo do último ano co fin de deseñar unha serie de protocolos de actuación no día a día dos centros especializados na atención a persoas cunha demencia.

 

A temática das 10 guías vai dende o protocolo de rexistro de actividade e saúde no día a día ata a intervención na alteración das condutas das persoas usuarias pasando por protocolo de medicación, hixiene, emerxencias, detección de malos tratos, de deambulación, comunicación e  comida e hidratación.

 

Os diversos manuais iranse publicando nas canles da federación nas vindeiras semanas e serán presentados no stand da federación no Congreso Nacional de Alzhéimer que terá lugar dos días 8 ó 11 de novembro en Xixón.

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Colabora > Apoia coa túa firma > Accións pechadas > Titular de la acción 00
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia