Que son as demencias

A demencia é unha diminución da capacidade intelectual en comparación co seu nivel previo de función. A demencia en si prodúcese por unha morte celular é consecuente perda de conexións entre diferentes neuronas. Este dano cerebral tradúcese visiblemente nun conxunto de síntomas e signos que ocasionan un deterioro progresivo das funcións cognitivas (percepción, atención, memoria, linguaxe…).

Polo xeral, este deterioro vai acompañado de cambios psicolóxicos e do comportamento que dan lugar a unha alteración das capacidades sociais, familiares e laborais de quen a padece.

Compre sinalar a diferenza e conexión, o mesmo tempo, entre a propia enfermidade de Alzhéimer, o deterioro cognitivo leve, a demencia, a discapacidade e a dependencia.

Na seguinte gráfica aparece dunha forma clara e sinxela cada un dos conceptos.

 
 
 

Marcadores de risco

Os marcadores de risco  son características intrínsecas da persoa que poden influír o propiciar a aparición, neste caso, na aparición do alzhéimer. Entre eles atópanse:

  • Idade. O Alzhéimer aparece frecuentemente a partir dos 65 anos, aínda que de forma excepcional tamén pode darse a idades máis temperás

  • Sexo. Os datos referentes a prevalencia do alzhéimer en mulleres rescátanse das estatísticas referidas a causa de mortalidade, xa que a día de hoxe non se coñece rexistro de persoas con alzhéimer. Os datos rexistrados no IGE indican que durante o ano 2015 morreron en Galicia a causa do alzhéimer 536 mulleres fronte a 222 homes.

  • Síndrome de Down.

Factores de risco

Son factores que se poden modificar ou previr como poden ser:

  • Hipertensión.

  • Drogas.

  • Alcohol.

  • Mala alimentación.