FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Para as persoas cunha demencia

Aínda que é certo que a día de hoxe non existe un tratamento efectivo que permita curar a enfermidade de Alzhéimer, si está comprobado que a detección precoz, a estimulación cognitiva e física, xunto co uso de fármacos, axudan a retardar o avance da mesma. Todo iso contribúe á mellora da calidade de vida e o benestar da persoa que a padece e tamén da familia.
Se ti es unha persoa con demencia ou un familiar poñemos á vosa disposición a relación de programas e servizos que se realizan a través da Federación e as asociacións membro.
 

Atención a persoas cunha demencia neurodexenerativa

A través das asociacións membro, a Federación Alzhéimer Galicia leva a cabo diversos programas destinados a persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas que a continuación se mencionan: