Programas psicoeducativos

PROGRAMA DE FORMACIÓN A ESTUDANTES

Este programa ten como obxectivo mellorar a calidade de vida de todo o núcleo familiar que conviva cunha persoa con demencia, empezando polos máis novos da sociedade co fin de que entendan o concepto de demencia, as diferentes tipoloxías, os cambios condutuais que se producen na persoa con este enfermidade e as súas principais consecuencias. Para iso, as asociacións membro da Federacion Alzhéimer Galicia levan a cabo nos diferentes centros educativos galegos cursos, charlas e relatorios destinados a estudantes non universitarios.

Financiamento: Consellería Sanidade

Periodo de execución: Ano 2019

Entidades que levan a cabo este programa: