FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

Remata a primeira Fase do programa Divulgamente 23-24

O programa financiado pola Fundación Barrié chegou a 547 alumnos de Vigo, Santiago e Burela

18/10/2023 | Galicia

O programa Divulgamente, que a Federación Alzhéimer Galicia e a Fundación Barrié levan desenvolvendo de 2013 realizou xa a primeira das tres fases das que consta, que consiste nunha charla divulgativa a cargo do Dr. Carlos Spuch, neurobiólogo do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur.

Esta primeira fase desenvolveuse nas localidade de Vigo, Santiago de Compostela e Burela e contou coa participación de 547 estudantes de bacharelato e diversos ciclos de FP de 10 centros educativos diferentes.

 

As charlas, que transmiten coñecementos sobre como funciona o cerebro, que son as demencias e como se manifestan, tamén analizan as liñas de investigación que se están a segir.

 

Nas vindeira semanas as entidade de AFAGA, AGADEA e AFAN Burela acudirán ós centros educativos para presentar que son as asociacións de familiares, que fan e como se aborda o tema das demencias na contorna máis inmediata do alumnado.

Na última fase do proxecto os centros interesados poderán coñecer como funcionan os servizos das asociacións e, de primeira man, observar os diversos programas de estimulación cognitiva e prevención.

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Colabora > Apoia coa túa firma > Accións pechadas > Titular de la acción 00
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia