FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Formación para persoas coidadoras

Desde - Hasta: - Actualmente

XORNADAS INTERDISCIPLINARIAS

Como cada ano desde o 2003, a Federación Alzhéimer Galicia organiza unhas Xornadas Interdisciplinares dirixidas a persoas coidadoras. O obxectivo deste encontro é achegar ás persoas asistentes as boas prácticas, modelos e estratexias que se realizaron tanto no noso territorio como en países veciños co fin de mellorar a atención e calidade de vida das persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas e o seu autocoidado. Ao mesmo tempo, serven para establecer lazos de comunicación entre diferentes países e entidades. Nas últimas edicións, este evento tomou un carácter internacional con relatores de países como Portugal, Francia, Reino Unido...

Financiamento: Consellería de Política Social e Deputación da Coruña

Periodo de execución: Todos os anos

Persoas beneficiarias e duración:

  • 150 persoas aproximadamente
  • 4,5 horas lectivas

 

 

FORMACIÓN ESPECIALIZADA EN DEMENCIAS NEURODEXENERATIVAS ORIENTADA A PERSOAS COIDADORAS NON PROFESIONAIS

A Federación Alzhéimer Galicia imparte formación especializada en alzhéimer e outras demencias  para persoas coidadoras non profesionais a través das súas 15 asociaciónes federadas. Para que estas adquiran coñecementos teóricos e prácticos que permitan exercer las labores de cuidado sin descoidar o autocoidado.

Financiación: Consellería de Sanidade

Periodo de execución: Todos os anos

Beneficiarias:  Persoas coidadoras de persoas con unha demencia neurodexenerativa

Tipo de cursos: variado. Dependendo da asociación

Entidades que levan a cabo este programa:

 
 
 
 

FORMACIÓN ESPECIALIZADA COIDADOS COMPARTIDOS

Financiación: Festival de la Luz

Periodo de execución: Anos 2023 e 2024

Beneficiarias:  Persoas coidadoras de persoas cunha demencia neurodexenerativa

Tipo de cursos:

  • 75 cursos por toda Galicia
  • 12-20 persoas beneficiarias por curso (900 aproximadamente)
  • 8h lectivas por curso 

Entidades que levan a cabo este programa: