FAGAL | Federación Alzhéimer Galicia

Noticias 

A Federación Alzhéimer Galicia participou na IV Xornada GADIS coas ONG

Un evento dirixido a ONG e entidades sociais de Galicia e Castela e León co obxectivo de poñer en valor o tecido asociativo e as colaboracións gañar-gañar con empresas do territorio.
 

06/04/2024 | Oleiros

“Gadis coas ONG” tratouse dunha xornada dunha mañá de duración, o 5 de abril, nas instalacións do CEIDA, Castillo de Santa Cruz, Oleiros, A Coruña. O obxectivo da xornada era crear un espazo de encontro entre entidades, ao mesmo tempo que se ofreceron obradoiros e asesoramento. Foi un evento solidario mixto, presencial e con retransmisión en dixital, dirixido ás entidades do terceiro sector de Galicia e Castela e León.

FAGAL participou presentando o seu proxecto “#Sentir dá memoria” co que se quere avanzar na construción dunha sociedade comprometida coas demencias buscando a interacción entre persoas con demencia e a súa contorna.
 
Á xornada asistiron César Bugallo -presidente da federación- e Lucía Ruanova e Javier Hermida -membros da oficina técnica da mesma- aínda que a exposición de proxecto correu a cargo deste último.
A xornada promoveu o coñecemento de inciativas doutras entidades do terceiro sector como a Fundación González Rivas, Special Olympics, Ecocomedores GDR Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e Aspace Coruña.
 
Máis información AQUÍ

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Inventario de recursos > > Federación Alzhéimer Galicia