Noticias
Premio Boas Prácticas en Servicios Sociais para AFACO
A Deputación da Coruña recoñece a labor de AFACO premiando o proxecto EnREDando, para a estimulación neuropsicolóxica dos usuarios a nivel grupal e individual
06/05/2024 | A Coruña
O pasado sábado a presidenta de AFACO, Patricia Babío, recolleu en nome da entidade o premio outorgado á asociación por parte da Deputación dá Coruña.
O programa xa vai pola súa terceira edición e recoñece as boas prácticas en Servizos Sociais en diferentes programas ou entidades da provincia.
O presidente do organismo convocante, Valentín González Formoso, destacou o traballo destas entidades na construción dunha sociedade mellor e no desenvolvemento da calidade de vida de tantas familias.
As entidades galardoadas, que recibirán 10.000 euros para apoiar os seus proxectos, foron as seguintes:
- ÉRGUETE, polo seu proxecto "Entre Patios", desenvolto en Teixeiro con centros de FP da provincia. O seu obxectivo era deseñar e elaborar mobiliario con presos e presas dos cárceres para instalalo en centros educativos da cidade da Coruña.
- Fundación Mujeres, polo seu programa de apoio integral a mulleres coidadoras do rural. Unha actividade que vén desenvolvendo desde 2013 en 28 municipios da provincia.
- AFACO, polo seu proxecto "Enredando" que ten por obxectivo desenvolver e implementar unha plataforma de estimulación neuropsicolóxica grupal e individual a través de taboleiros dixitais, no colectivo de usuarios con demencia.
- AGALURE, que celebra este ano o seu 30º aniversario, e durante esta traxectoria axudou a máis de 3.000 persoas a superar a súa adicción ao xogo e outros problemas.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias
Inventario de recursos > > AFACO