A Federación Alzhéimer Galicia naceu no ano 1998 cun obxectivo claro, axuntar forzas entre todas as asociacións existentes en Galicia ata o mometo para conseguir máis e mellores recursos, máis investigación para a procura de orixe e futuros tratamentos do alzhéimer e outras demencias neurodegenerativas e, para mellorar a calidade de vida tanto das persoas con alzhéimer como das súas familias.
A día de hoxe a Federación Alzhéimer Galicia é a entidade de referencia a nivel galego e tamén estatal en atención ás demencias. O ser unha entiadad consolidada, forte e cunha experiencia de 20 anos, permítenos realziar un labor fundamental de incidencia social e política que posibilite a creación de medidas e a posta en marcha de recursos por parte das adminsitraciones públicas, pero en ocasións isto non é suficiente.
Para que poidas facerche unha idea o custo medio por ano xerado por unha persoa con alzhéimer ou outra demencia neurodegenrativa en fases avanzadas ascende a 20.000€. Indubidablemente isto supón un impacto importante na economía de calquera familia, situándoa nunha posición de risco de exclusión social.
Durante estes anos o traballo da Federación Alzhéimer Galicia tamén se enfocou nunha área fundamental: a sensibilización. Este área tan como obxectivo visibilizar e concienciar á poboación sobre o alzhéimer e facilitar formación e información tanto a familiares como ás xeracións máis novas. Tendo presente que no caso dunha enfermidade que a pesar de anos de investigacion descoñécese a súa orixe e tamén o seu cura é fundamental educador na prevención.
Nos alicerces que sustentan FAGAL o máis importante son as persoas, e abrigo, o valor do traballo en equipo. Ahora necesitámosche a ti! Grazas á túa achega podemos manter os proxectos que xa están en marcha como os de atención a persoas con alzhéimer, a familias, proxectos interxeracionais, para formación de profesinais, para a sociedade comprometida o para o fortalecemento asociativo e federativo e crear outros novos.
Ademais se doas, tes a posibilidade de acollerche a unha dedución fiscal.
Se es unha persoa física:
75% primeiros 150€
30% despois dos primeiros 150€
35% se nos dous períodos anteriores doaches a mesma ou maior cantidade.
Se es unha persoa xurídica:
35 % se nos dous períodos anteriores doaches a mesma ou maior cantidade.
Por que transformar o mundo faise gran a gran, DOA!

"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo"
Eduardo Galeano